CELEBRAMOS O NADAL

Como todo os anos, celebramos no cole a chegada destas datas tan sinaladas, realizando diferentes actividades espaciadas ao longo das dúas semanas previas as vacacións.

O profesorado de infantil encargouse de distribuir unha serie de accións con dous obxectivos principais; por  un lado, contribuir nun nadal solidario, pensando naqueles que non poden celebralo comas nos, e por outro lado decorar o centro dende as diferentes etapas educativas.

Aparte destes dous propósitos, fixéronse actividades de todo tipo, traballando as diferentes áreas: elaboración de contos, aprendizaxe de rimas e poemas, novo vocabulario nas linguas galegas e inglesa, reflexión sobre diferentes cortos da igualdade e o consumismo nestas datas… Recolleronse alimentos non perecedoiros para o banco de alimentos de Vigo e elaborouse unha árbore quebracabezas entre todo o alumnado, a cal colocouse na entrada do cole. Non faltaron  porsuposto, as portas das aulas decoradas con motivos do Nadal.

Como broche de ouro, rematamos a semana cun festival no que participaron todos os cursos da primaria, cunha variedade de actuacións que fixeron desfrutar tanto a grandes como a pequenos (éstes últimos foron o alumnado de infantil, un público seica moi esixente).

Houbo unha obra teatral musicalizada por parte dos nenos de primeiro da primaria, unha panxoliña moi salsera dos nenos de segundo, un concurso de anuncios de Nadal dos nenos de terceiro, unha panxoliña sobre a famosa noria de Vigo, dos nenos de cuarto, unha adaptación navideña do obladi oblada  dos Beatles, dos nenos de quinto, e por último, os nenos de sexto regueifaron durantes uns minutos sobre estas datas. A todos a nosa noraboa polas actuacións, cada ano preséntase mais nivel!

Para rematar, Papá Noel visitounos polas clases e repartiunos caramelos. Seica fomos bos este ano.

Esperamos desfrutedes con esta reportaxe gráfica do que foi o nadal no Quiñones.

                  

E aquí algúns videos das actuacións!!

https://drive.google.com/open?id=1rDTI4du1Kv00z6aRzsm7PCy99xwXpD2n

https://drive.google.com/open?id=1QcjN4hho5d6-TElL9VvI4ZVklL2wv-Iz

https://drive.google.com/open?id=1A5_Iy2y9UhCoGgp3oQOv2WcxCGzXUxBT

https://drive.google.com/open?id=1Wos-__RYcrhSXrqUd6x7Pju90c1OZFMd

https://drive.google.com/open?id=1WM59K-UJIWHo7Xufr79jYyMMoCMu7yK3

https://drive.google.com/open?id=1aNYkLIsatyManLA4RnhA2cBt8Bk8jmtn

https://drive.google.com/open?id=1Vkq4gPEvROSwDrLWRjdEhzCfmCeLfM0x

https://drive.google.com/open?id=1XbL7awVMaVa2MuRBCp7FTt66KA5VvUIP

https://drive.google.com/open?id=1gvEhVKfMuPBrAmoqg_uy__YT0DkFZWgo

https://drive.google.com/open?id=1-H-ggr4CknB5DfFby5xelD9OsWA4gGnu

https://drive.google.com/open?id=1kQznclbp6eyCffILM6zCKVuC5x4CfG86

Comments are closed