Celebramos Samaín! Parte II

A rapazada de cuarto quinto e sexto, tamén participou desta festa  de Samaín.

Como non, despregaron o seu  lado creativo e realizaron unhas cabazas verdadeiramente espectaculares. Aquí tendes as gañadoras (clica dentro da imaxe para ver o nome do gañador/a)

Ademais deste prezado concurso, realizaron diferentes actividades, como o recitado de poemas, aprendizaxe de novo vocabulario, problemas matemáticos… todos eles empregando as diferentes linguas que se estudan no centro.

O photocall situado no corredoiro principal do cole deu moito de si, e os nenos puideron amosar  a súa vea artística nos posados.

 

E para rematar, antes de irnos de ponte, realizamos uns obradoiros de cociña de Samaín moi creativa. Todo delicioso!

Obradoiro de pantasmas e cabazas , con mandarinas e plátanos, dos nenos de cuarto.

Obradoiro de “spider cookies” con galletas  e chocolate, dos nenos de quinto e sexto.

Deixámosvos aquí algunhas gravacións que fixemos.

https://drive.google.com/file/d/1u-xFy0vUTv_fOcKUoRJhlbHr-WFWUOqD/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1fywqKT7BlqltHU8C2b4QZTRMKeFxMgzY/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1TyhYPRqIC7TT42v9fl34q4t0Wz5DU4oX/view?usp=sharing

 

Comments are closed