Charla de hixiene bucodental

A semana pasada o noso alumnado de 1.º e de 2.º de educación primaria recibiu a visita dunhas estudantes do ciclo de Hixiene bucodental do Colexio Fillas de María Inmaculada.

Visitáronnos co obxectivo de ofrecer información para axudar a promover a saúde bucodental dos rapaces e rapazas.

Desde ben pequenos, teñen que adquirir o hábito de lavar ben os dentes. Estas estudantes ensináronlles como se deben lavar dun xeito correcto, ademais de falarlles da necesidade de ter unha alimentación saudable.

Despois, cada un co seu cepillo, seguiron as directrices destas futuras profesionais.

Estes leóns han manter un sorriso marabilloso!

Grazas por visitarnos!

Comments are closed