Charla do CSIC sobre a Ría de Vigo

Outra forma de ensinarlles aos alumnos de 5.º e 6.º de primaria algúns datos relevantes sobre a nosa ría foi convidar ao noso colexio o biólogo Manuel García, máis coñecido como Garci (membro do CSIC) para que nos falase sobre ela.

O CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas) é a maior institución pública dedicada á investigación en España e a terceira de Europa. O CSIC xoga un papel central na política científica e tecnolóxica, xa que abarca desde a investigación básica á transferencia do coñecemento ao sector produtivo.

Durante a charla que nos ofreceu Garci, os nenos aprenderon sobre as características da Ría de Vigo: como é o fondo mariño, cales son os principais animais e plantas que podemos atopar, etc. Quizais o que máis lles chamou a atención aos cativos foi esta última parte, xa que descubriron algúns datos curiosos sobre os cefalópodos que habitan na nosa ría: o polbo e o choco.

Moitas grazas ao CSIC pola súa achega á ensinanza dos nosos nenos e nenas!

Comments are closed