Ciberexpertos

Xa somos Ciberexpertos!!

Hoxe a subinspectora da comisaría local de Vigo- Redondela, Mercedes Dabán Abad, e dous compañeiros mais, entregáronnos os carnés de expertos. Pero de expertos en que? Pois no uso responsable de internet e dos riscos e problemas que podemos atopar na rede.

Durante cinco sesións impartidas no cole ao grupo de sexto da Primaria, puidemos coñecer termos como ciberacoso, reputación online, grooming, netiqueta, sexting, etc, a través deste programa Ciberexpert@, creado pola Policía Nacional, co apoio de Telefónica e a colaboración da Fundación Cibervoluntarios.

Aprendimos moitas cousas e recibimos moitos consellos, como:

  • Ter especial coidado cos vídeos e fotos que compartimos xa que son unha ventá á nosa intimidade.
  • Non facilitar en ningún caso datos persoais a descoñecidos.
  • Ante situacións estrañas e perigosas avisar aos pais ou acudir á policía.

E como non, a regra de ouro, que di “Non fagas aos demais o que non queiras que te fagan a ti”

Moitísimas grazas Mercedes e compañeiros por instruírnos tanto a alumnos como a profes nesta realidade das redes sociais e de internet, que tanta falta nos fai , a maiores e a pequenos. Esperámosvos pronto!

A continuación amosámosvos un vídeo dunha das sesións da actividade.

Fotos dalgúns dos momentos da actividade.

Entrega dos carnés.

Comments are closed