COMO VEXO EU O CAMBIO CLIMÁTICO?

Como ven sendo habitual, os nosos expertos en maquetas, reproduciron en tamaño reducido o efecto do cambio climático no planeta terra. A única condición que se lles pediu, foi a de empregar, na medida do posible, materiais de reciclaxe. O resto era totalmente libre, tanto en tamaño, como en soporte.

Traballamos nas clases de Natural Science a semana do clima que tivo lugar  no mes de Outubro, coñeceron da man de internet a Greta Thunberg, e falamos das consecuencias do cambio climático.

 E o resultado dos seus traballos non puido ser mais abraiante. Non so plasmaron a súa preocupación polo que está a acontecer , senón que o fixeron da maneira mais orixinal, divertida e artística.

Ollade o que nos explica Marellis da súa maqueta.

Por último, pero non menos importante, dar a enhoraboa a todos e cada un dos alumnos que participaron deste proxecto, e grazas as súas familias por colaborar con eles. Bo traballo!

Comments are closed