Concurso de redacción e poesía da Asociación de Veciños de San Roque

O mes de maio é o noso mes das letras, tanto no colexio, como fóra del. E este ano, igual ca os anos anteriores, o noso alumnado participou no Concurso de redacción e poesía da Asociación de Veciños de San Roque.

O tema elixido nesta edición foi: os avós, esas persoas ás que tanto temos que agradecer e das que tanto temos que aprender. E así o demostraron moitos dos nosos alumnos e alumnas, con poesías e contos ou reflexións sobre esta temática.

Algúns dos textos presentados resultaron gañadores deste certame, poesías e contos. Algúns dos nosos alumnos e alumnas estaban así de emocionados antes de comezar a entrega dos premios:

E así de orgullosos recolleron os premios algúns dos nosos gañadores:

 

E, para rematar, xuntáronse todos así de felices por esta xornada:

Esperamos que este só sexa o comezo dun futuro prometedor como escritores. Eles serán o futuro das nosas letras.

 

Comments are closed