Concurso SPELLING BEE

O venres 16 de marzo tres dos nosos alumnos participaron no concurso SPELLING BEE, concurso de deletreo de palabras en inglés.

Esta foi a décimo segunda edición deste esperado concurso, organizado por Schoolhouse, no que participou o noso centro por primeira vez. Competimos contra outros colexios de Vigo, demostrando o coñecemento do vocabulario da lingua inglesa.

Fomos recibidos polos organizadores e pola concelleira de educación do concello de Vigo, que dedicou unhas palabras de ánimo aos participantes. Pais, profesores e alumnos acompañamos os nosos concursantes para animalos e axudarlles a calmar os nervios.

Esta foi a pancarta de ánimo que fixeron os seus compañeiros do cole.

Primaria estivo representada polos alumnos Mónica Nayeli Esquivel Hevia e Alejandro Iglesias Calvo, os dous de 5.º de primaria. Ambos  pasaron á segunda rolda, na que foron eliminados.

Secundaria estivo representada pola alumna de 3.º da ESO Ana Fernandes Fernández. Os nervios xogáronlle unha mala pasada, xa que foi eliminada na primeira rolda.

Isto non evitou que pasásemos unha tarde moi entretida. Todos tiveron premio e agasallos e foi toda unha experiencia participar nun concurso así.

Noraboa, rapaces!, e ata o ano que vén, SPELLING BEE!

Comments are closed