Contacontos: Axente Riciños

Durante a semana do Entroido tivemos unha visita moi especial: a do contador de historias Iago López. Veu visitarnos co libro Axente Riciños, da editorial Xerais, debaixo do brazo.

 

O máis incrible deste contacontos é a súa voz. Os nenos quedaron quietos e expectantes desde o primeiro momento. Como ía modulando a voz en función do que quería transmitir, como se cerrabas os ollos podías ver os osiños e mesmo a Riciños de Ouro… Certamente marabilloso! O mellor desta sesión foi a participación dos oíntes.

Iago logrou involucrar a todos os nenos na súa contada e os pequenos responden sempre, porque a eles lles gusta participar!

Comments are closed