Contacontos das familias dos leonciños

Este curso os nosos leonciños convidaron as súas familias a achegarse ao colexio para contarlles un conto.

A primeira que se animou a vir foi a nai de Soufian, un leonciño de tres anos. Trouxo con ela un libro moi fermoso de Pinto & Chinto: Aquilino pinta unha nube e un camaleón.

Este é un texto marabilloso para facer voar a imaxinación dos nosos pequenos e pequenas. A que neno non lle gusta imaxinar a que se asemellan as nubes? Pois a Aquilino moito non, porque el quería pintar un cadro, e cruzouse cunhas nubes moi divertidas que cambiaban de forma constantemente. Despois cruzouse cun camaleón, e xa todos sabedes que pasa con eles… ou non? Pois que cambian de cor. Un duro traballo este para Aquilino, o pintor.

Moitísimas grazas por acompañarnos hoxe, un gran día que o teu pequeno non esquecerá! Só nos queda animar as familias a achegarse e pasar un pouco de tempo con nós.

Comments are closed