CONTACONTOS DE ANIMAIS

Volvemos ter a visita dun pai dos nosos pequenos. Pero, desta vez, podemos dicir que coñece de preto todos os segredos do cole, xa que é un mestre dos nosos. Chema, mestre de educación física e pai de Asier, alumno de 5 anos, veu cargado de historias de animais.

Comezou contándonos  a historia de O elefante comellón, da Editorial Kalandraka, un conto rimado no que aparecen unha chea de animais da selva que “camiñando camiñando…”.

O seguinte conto que nos trouxo foi ¿Quién ha sido?, da Editorial Juventud. Nel aparece ese elemento escatolóxico que lles fai tanta graza aos pequenos: a caca. Atoparía Macario o verdadeiro culpable?

Despois de contar o conto, Chema trouxo unha morea de animais de goma. Cada neno escolleu un e tivo que imitalo con xestos e sons ante os compañeiros.

Deleitádevos cos dotes artísticos dos pequenos!

De novo, moitas grazas pola vosa participación. Esperámosvos!!

 

Comments are closed