Contacontos e despedida

Este mes de marzo veu Aída ata a biblioteca do Quiñones de León a contarnos un conto. Aída é a irmá dun dos nosos alumnos de catro anos, e ademais conviviu estes últimos meses con nós como profesora en prácticas de educación infantil. Esta foi unha visita agridoce, xa que tamén era a súa despedida.

Trouxo baixo o brazo o libro Sky, detective, da Editorial Bruño, no que aparecen personaxes de sobra coñecidos polos nenos: o lobo feroz, a carapuchiña vermella… rodeados dunha detective moi especial, Sky, que ademais é especialista en cupcakes (ou magdalenas).

E, despois do conto, a nosa querida Aída deu comezo ao xogo de pistas que trouxo preparado. Fixo que as nosas alumnas e alumnos se convertesen en detectives e tivesen que ir atopando as pistas e descifrándoas, para atopar… os cupcakes de Sky.

Un anaco dela sempre quedará entre os nosos pequenos. Moitas grazas, Aída, e xa sabes que estas portas sempre estarán abertas para ti!

Comments are closed