Contacontos en educación infantil

O equipo de docentes de educación infantil invitou as familias a visitar o colexio e contarlles un conto aos nenos e ás nenas.

Hoxe, xoves, tivemos a primeira visita, a nai dunha das nosas alumnas de catro anos. Escolleu o libro Superhéroes, que lles encantou a todos.

Estamos desexando que haxa máis familiares que se animen e veñan a compartir un pouco de tempo cos leonciños do Quiñones de León.

Comments are closed