Contacontos en infantil: Chibos Chibóns

Esta semana animouse outra nai dun nosos alumnos de 3 anos a visitar o colexio e contarlles un conto a todos os nenos e nenas de infantil. O título elixido foi: Chibos Chibóns, da Editorial Kalandraka.

Despois de contar o conto, os nenos e as nenas fixeron cadanseu chibo para poder xogar con eles nas casas.

Foi unha experiencia positiva para a nai e o seu fillo, un grande axudante. Desde o colexio, queremos animarvos a todas as familias a que vos acheguedes a contar un conto.

Comments are closed