Contacontos en infantil: “Los tres cerditos”

As familias do noso alumnado de educación infantil vanse animando. A última visita que recibimos foi a do pai de dous alumnos de infantil, un de catro anos e outro de cinco.

O conto que elixiu para a ocasión foi o clásico Los tres cerditos, que é o favorito dun dos seus fillos. Con moita expresividade, que caracteriza os grandes contadores de historias, achegounos ao mundo dos tres porquiños e o lobo.

Tivo como axudante o seu fillo de cinco anos, que ata representou nalgún momento escenas que ía relatando o pai.

E, como podedes supoñer, un clásico nunca defrauda, así que, en canto o conto chegou á súa fin, todos os nenos comezaron a aplaudir.

Despois de gozar da escoita do conto, chegou o momento dos nenos. Como actividade relacionada coa xornada, fixeron cadanseu marcapáxinas para non esquecer esta visita.

Estes días con actividades diferentes en compañía das familias son moi graticantes tanto para o alumnado, como para o profesorado da escola. Xa sabedes, estades todos convidados para lermos xuntos!

Comments are closed