Descubrindo a electricidade con plastilina condutiva.

Ninguén de nós sabíamos que a plastilina era unha gran conductora da electricidade. E así viñéronnolo amosar dous rapaces dende o SNL do Concello de Vigo.

Viñan con moitos materiais, pero sen dúbida, o que mais chamou a nosa atención,foi un tubo enorme que remataba nunha gran esfera metálica. Era un xerador Van de Graff. Este aparato electrostático emprega unha cinta móvil para acumular grandes cantidades de carga eléctrica no interior dunha esfera metálica oca. Algún dos alumnos probaron os efectos deste aparato.

Xerador Van de Graff.

 

 

 

 

 

 

 

 

Comezaron ensinándonos diferentes formas de cargar un corpo de electricidade. A máis coñecida por nós; se frotamos un globo cun tecido, preferiblemente lá, éste cárgase de electricidade estática e se o aproximamos ao cabelo ou a anaquiños de papel, atráense, xa que son cargas opostas.

Construimos circuitos básicos, e non tan básicos, con plastilina, un cable, unha batería e bombillas leds.

E  amosáronos unha lámpada de plasma, onde se atopan recluidos varios gases a baixa presión, que producen constantemente cargas eléctricas debido a unha bobina que as xenera. Estas cargas queren sair cara ó exterior por iso cando colocamos a nosa man sobre o cristal, prodúcese ese baile de luces que podemos apreciar.

Sen dúbida aprendimos moitísimas cousas novas sobre a electricidade e quedamos con ganas de experimentar mais.

drive.google.com/…Kow8HJa9tiE-TE6fxq/view

drive.google.com/…T4mag9qzpu0-vXQzpk/view

drive.google.com/…xQbBjOx4BGLSV2Qu2j/view

drive.google.com/…EZbVlhKX8anuNAPnB2/view

drive.google.com/…pdspFZ63qoI16hWZ1R/view

drive.google.com/…SmmFXSgDjOqXzGcTRK/view

 

 

Comments are closed