Descubrindo os misterios do Sol

No Quiñones de León, rematamos o mes de xaneiro cunha visita moi emocionante a Naturnova. O noso alumnado de 1.º, 2.º e 3.º de educación primaria participou na visita interactiva “Descubrindo os misterios do Sol”, grazas á que aprenderon moitas curiosidades sobre o astro rei.

Cada grupo visitou as tres salas de que consta esta actividade. Na primeira sala, comprobaron de xeito interactivo o ciclo da auga, e aprenderon sobre a contaminación e a reciclaxe. A seguinte sala tiña como finalidade dar a coñecer as enerxías renovables. Aquí comprobaron como a través da enerxía que se xera nunha placa solar ata un tren pode moverse

E na última sala viaxaron nun submarino polos fondos mariños da Ría de Vigo para coñecer as especies que hai nos nosos mares.

Estas actividades interactivas que reforzan os contidos traballados na aula son as que máis gustan ao noso alumnado.

Comments are closed