Desmontando tópicos

Os alumnos de 4.º da ESO visitaron a Biblioteca Xosé Neira Vilas, por mor da recente celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e asistiron ás charlas que deron dúas enxeñeiras da Universidade de Vigo sobre a importancia de desmontar os prexuízos que falan da inferior capacidade das mulleres para as ciencias e a tecnoloxía. Marie Curie, Ada Lovelace, Rosalind Franklin, Emmy Noether e un longo etcétera son o mellor exemplo de que  a realidade é moi outra.

Comments are closed