Día Internacional da Muller 2019

No Quiñones de León tamén conmemoramos o Día Internacional da Muller.

Os nosos maiores de primaria investigaron sobre algunhas das mulleres máis relevantes da historia, e empregaron lámpadas de cores para amosar as súas caras e un pequeno resumo das súas vidas e logros.

Así mesmo, os leonciños quixeron colaborar cos compañeiros de primaria elaborando este mural tan “óptico”.

Dende o Quiñones de León, queremos que todo o mundo se poña estas lentes máxicas e vexa que as mulleres non somos nin menos nin máis, senón iguais.

Comments are closed