DÍAS DE MEDO E DE CASTAÑAS NO QUIÑONES

Entre o 22 de outubro e o 2 de novembro, estivemos traballando no cole as festividades do Samaín e do Halloween. Todo impregnado polo cheiro da castaña e demais froitos típicos do outono. De momento, non puidemos celebrar como se merece o magosto no monte, por mor do tempo, pero aínda temos esperanzas.

Este ano traballámolo dun xeito distinto, xa que intentamos que todas as áreas estivesen presentes. Así, dende a área de lingua, traballáronse os contos de medo e as receitas; para as matemáticas fixéronse problemas e operacións cos elementos propios do outono; en plástica, marcapáxinas de medo, xogos en liña sobre o Halloween, un xerminado de castiñeiro en Natural Science… Houbo de todo, como podedes comprobar nas fotos.

Por suposto, tivemos decoradas as nosas aulas, con cabazas, esqueletos, casas encantadas, árbores de outono…

E, como non, a actividade estrela, que foi o concurso de cabazas, no que, ano a ano, o noso alumnado se esforza cada vez máis e presenta uns traballos terrorificamente bos.

Despedímonos, un ano máis, desta festividade de outono, agardando con moita ilusión a do curso que vén.

Comments are closed