E xa está aquí o Entroido

Esta semana celebramos a gran festa do Entroido no colexio Quiñones de León. É a festa das máscaras, unha celebración tradicional aquí en Galicia, que queremos transmitir e manter co noso alumnado.

Este ano a temática do gran día, que será o venres, é o cinema e a televisión.

Pero antes diso, temos o meco preparado e xa dando ordes desde a pasada semana. Mirade que xeitoso está:

E as súas ordes son:

Luns: “Se bo cociñeiro queres ser, un mandil has de traer”.

Martes: “Para ben troulear, un bigote has levar”.

Mércores: “Trae algo de deportista, pasaremos revista”.

Xoves: “Se non es un gandul, ven vestido de azul”.

Non o esquezades!

O noso alumnado seguiu ben a primeira orde. Aquí unha pequena mostra:

E os máis pequenos con movemento:

Comments are closed