Entrega de premios Faro da Escola

O 28 de maio, tivo lugar nos xardíns do Pazo Quiñones de León a entrega dos premios Faro da Escola, no que participaban este ano 48 centros de Vigo e a comarca.

Un grupo de alumnos e alumnas, con dúas mestras, foron recollidos por un autobús de transporte urbano da cidade. Estaban moi nerviosos, xa que investiron moito tempo e esforzo neste proxecto, que incluía a todas as etapas do colexio.

Cando chegaron ao pazo, atoparon un despregamento impresionante por parte do grupo Faro, que contou, entre outros, co alcalde da cidade e a concelleira de educación.

O espazo non podía ser mellor, e asi o amosaban as caras dos cativos.

Finalmente, non puido ser, e compartimos con outros centros, o accésit de participación. Seguiremos traballando se cabe máis e, por suposto, a nosa noraboa a todos os gañadores deste ano.

Estes foron algúns dos agasallos que trouxeron para o centro.

Grazas, rapaces, un ano máis polo voso esforzo e traballo.

Comments are closed