Entrega do premio do concurso “Cíes. O paraíso de todos”

E chegou o día. A alumna do Quiñones de León, Lucía Carrera García, foi recoller, acompañada da súa familia e da súa titora, o merecido premio polo seu poema “Cíes. O paraíso de todos”.

Velaquí tedes o fermoso poema que compuxo Lucía, para que poidades comprobar o potencial desta futura poetisa.

20171102_121522

Varios representantes do xornal vigués e o alcalde da nosa cidade, Abel Caballero, entregáronlle á nosa alumna unha bolsa de agasallos, entre eles, libros e material escolar. O seu sorriso é o mellor dos seus agasallos para nós.

20171109_191821                                    20171109_191814

É un pracer contar, entre o noso alumnado, con poetas deste calibre.

PARABÉNS LUCÍA!!!

 

Comments are closed