ENTREGA DO PREMIO DE VIGOLANDIA

Retornamos ao mes de decembro do 2017, cando se convocou, dende Vigolandia, un concurso de debuxo coa temática do Nadal. Participaron todos os nenos de educación primaria, e foi elixida a nosa alumna Yolanda González Almeida como gañadora do noso cole.

Yolanda foi recoller o seu premio ao concello de Vigo, acompañada pola mestra de plástica. O alcalde da nosa cidade, Abel Caballero, con outros representantes, entregoulle o diploma e unha chea de agasallos, entre eles un xogo de manualidades e varias mochilas e estoxos.

Este é o diploma co debuxo de fondo.

Puidemos facer fotos tanto á nosa alumna, coma ao grupo de rapaces que participaron neste concurso.

PARABÉNS, YOLANDA!!

Comments are closed