ENTROIDO 2018

Este ano o noso Entroido centrouse no mundo das froitas e dos vexetais. Enchemos o cole de amorodos, piñas, berenxenas, kiwis, cenorias, laranxas, plátanos, sandías e tomates. Foi un día moi colorido, e tivemos a oportunidade de ensinar os nosos disfraces pola rúa do Calvario.

Previamente ao día da festa, estivemos decorando os corredores.

 

 

 

 

Ademais, o noso Meco, o froiteiro da entrada, dábanos as ordes do que tiñamos que traer cada día: gravata ou lazo, zapatos cambiados, complementos na cabeza e pixama… toda unha lección de moda.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na etapa de infantil fíxose un taller de comida saudable, no que a froita foi a protagonista. Elaboraron espetos con amorodos, piña, plátano, mazá, pera, laranxa e uva. Foi toda unha delicia, tanto a brocheta como ver os nosos cativos degustala.

 

 

 

 

Todos os disfraces foron elaborados no cole, con distintos materiais: goma eva, bolsas de plástico, papel charón, papel pinocho.

 

 

 

 

O día grande foi o venres 9. Comezamos a mañá facéndonos unha foto de grupo por curso, nun photocall preparado na entrada do colexio con antefaces e froitas en distintos soportes, feitos polas familias dos nenos de infantil. Bo traballo!!

Comezaron os de tres, catro e cinco anos.

 

 

 

 

 

 

 

 

E seguiron todos os cursos de primaria.

 

 

 

 

 

 

 

 

Finalmente, a chuvia parou e puidemos saír en comparsa a desfilar pola rúa peonil do Calvario. Contamos coa colaboración de Protección Civil, e de numerosos pais, que quixeron participar e axudar nesta actividade.

 

 

 

 

 

 

 

 

Saudamos as froiterías do Calvario, tocamos os chifres e as palmas, cantamos e divertímonos moito. Os nenos gozaron desta saída e puideron ensinar á xente da rúa os seus disfraces.

Á volta ao cole, degustamos as orellas de Entroido e colaboramos cos maiores de 4.º da ESO  mercando na cantina que prepararon.

Rematamos a mañá cun concurso de baile por grupos. Os gañadores foron premiados cun pequeno agasallo que de seguro os animará a seguir bailando.

Grazas a todos: profes, pais e alumnos pola vosa colaboración!

Comments are closed