Excursión de fin de curso de primaria

O pasado venres, o alumnado e profesorado de Educación Primaria marchamos de excursión de fin de curso ao Ecoparque de Marín. Alí dividímonos en dous grupos.

Os máis pequenos (1.º e 2.º) tiveron a oportunidade de pasar un divertido anaco coas eguas que alí viven. Déronlles de comer, peiteáronas e, despois, deron unha pequena volta. Convertéronse en auténticos xinetes e amazonas. Logo, fixeron unha xincana polo parque.

Os alumnos de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º realizaron un circuíto arbóreo. Nel, escorregaron por cordas, atravesaron pontes, sortearon obstáculos e o máis divertido… tiráronse polas tirolinas! Unha grande experiencia, que de seguro recordarán durante moito tempo.

Pasámolo xenial e, como proba, aquí tendes algúns dos mellores momentos da xornada!

 

 

Comments are closed