Excursión de Fin de Curso

Este ano os leonciños tiveron a ocasión de desfrutar dunha divertida xornada Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. A excursión de fin de curso sempre é un momento especial para eles xa que non soamente teñen a posibilidade de facer actividades todos xuntos, senón que ademais levan meses esperando por ela. Ese día a primeira hora xa se notaban os nervios e a emoción dos rapaces. Foi todo un acerto a saída a este parque arqueolóxico posto que os alumnos amosaron un gran interese polos obradoiros e as actividades, e polo espazo natural no que se atopa o parque. Sentíronse como ”Indiana Jones” por un día.

Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasaron!

Os alumnos de 1º e 2º de Primaria desfrutaron dun obradoiro de cerámica coas mans.

Os alumnos de 6º de Primaria elaboraron un mural rupestre utilizando a técnica do soplado.

Os alumnos de 3º e 5º de Primaria fixeron unha ”gymkana” polo monte.

 

Máis tarde todos os alumnos desfrutaron dun espectáculo de lume.

Grazas a todos os profesionais do Campo Arqueolóxico de Campo Lameiro!

Pasámolo moi ben! Esperamos repetir pronto.

Comments are closed