FELIZ ANO!!

FELIZ ANO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO QUIÑONES DE  LEÓN!!

E que mellor forma de comezar este novo ano que amosándovos os preparativos e a festa do Nadal que fixemos no cole.

Desde a ponte de decembro, puxémonos mans á obra e decoramos os corredores, elaboramos unha árbore dos desexos e traballamos a festividade do Nadal dende diferentes áreas.

O xoves 20, os leonciños de infantil tiveron o seu festival pola tarde, coa esperada visita do home de vermello. Podedes visitar o blog dos máis pequenos se premedes aquí: leonciños, e así veredes o ben que o pasaron.

E o venres 21, xa en horario escolar, celebramos o festival de primaria, no que houbo panxoliñas en galego, castelán e inglés de estilos moi diferentes, e tamén representacións teatrais.

Temos que destacar a figura dos presentadores, que nos deixaron coa boca aberta dun palmo ao descubrir os seus dotes interpretativos.

 

 

 

 

 

 

Comezaron os pequenos de primeiro cunha panxoliña titulada Tres reis en bicicleta.

Os nenos e nenas de segundo cantaron O rock da estrela.

E cos alumnos de terceiro chegou a panxoliña mais heavy, coa melodía do grupo Queen, Noche de paz de Moderatto.

Cuarto de primaria fixo unha representación na que leron pequenas rimas relacionadas cos doces de Nadal.

Os nenos de quinto cantaron Navidad en la tierra y el mar, con mensaxes esperanzadoras.

E os compañeiros e compañeiras de sexto puxeron a nota simpática ao festival, cunha adaptación de Despacito a esta época.

Rematamos a celebración con dúas cancións en inglés. A primeira foi a cargo dos nenos de 1.º , 2.º e 3.º, titulada Santa Shark, cunha vestimenta moi graciosa.

 

 

 

 

 

 

E, por último, 4.º, 5.º e 6.º interpretaron Happy Xmas na versión de Echosmith.

 

 

 

 

Pasámolo en grande e comezamos as vacacións de Nadal con moita enerxía!

Comments are closed