Festa de convivencia

Como todos os anos por estas datas, celebramos un día de convivencia no cole. Este ano foi o venres 1 de xuño. A pesar das gotas que caeron ao inicio da tarde, puidemos celebrar dita xornada co alumnado e as súas familias.

Comezou a xornada coas distintas actuacións das etapas de infantil e primaria. A choiva fixo trasladar os bailes ao salón de actos. Neste sentido, queremos agradecer a paciencia e colaboración das familias, que tiveron que entrar por quendas.

Os nenos e nenas de quinto esperando a súa quenda.

Alumnado de sexto, nunha das partes da Mashup.

Nenos e nenas de terceiro de primaria, en plena concentración.

Durante o resto da tarde, leváronse a cabo obradoiros para todas as idades. Entre eles o pintacaras, papiroflexia, karaoke ou o deletréame. Ademais, contabamos con diversas exposicións nas aulas e corredores do cole.

Resultado final dunha leonciña.

Concursantes do deletréame.

 

O alumnado da actividade extraescolar de taekwondo fixo unha exhibición no patio, que deixou a todo o mundo abraiado. Aquí vos deixamos un pequeno documento gráfico.

 

Durante toda a tarde estivo funcionando a cantina, organizada polos nenos de 3.º da ESO.

E, como broche final, a actuación do mago Cali, que, un ano máis, nos fixo rir e gozar cos seus trucos.

 

Esperamos que pasásedes unha tarde divertida e que o pasásedes tan ben coma nós.

O próximo ano moito máis. Esperamos por vós!!

Comments are closed