Festas do colexio

A finais do mes de maio celebramos as festas do noso colexio. Gústanos moito que as familias nos visiten e moitas delas non o poden facer durante o curso, así que este día intentamos que sexa único, e que nos poidan coñecer un pouco máis.

A xornada comezou coa exhibición dunhas das nosas actividades extraescolares: taekwondo e baile.

Os nosos leonciños estaban moi nerviosos, porque sabían que tras estas actuacións, sairían eles. Así estaban de preparados:

A seguir, continuaron as actuacións do noso alumnado: desde infantil ata a ESO.

Tras as actuacións, todos os convidados puideron participar en obradoiros varios, como o pintacaras, o deletréame, a creación de imáns, origami e ata demostrar os dotes artísticos no karaoke.

Tamén houbo unha exhibición da actividade extraescolar de diverciencia, moi interesante para o alumnado de primaria:

E puidemos deleitarnos con algunhas creacións artísticas do alumnado da nosa actividade extraescolar de pintura:

E para os máis novos tamén houbo inchables, onde saltaron toda a tarde:

Agora quedamos co recordo dun serán marabilloso na mellor das compañías: as familias.

Comments are closed