Festival de Nadal de infantil

O día 20 de decembro, os máis pequenos, os nosos leonciños, celebraron o Festival de Nadal.

Tivemos a sorte de ver os bonecos de neve, renos e elfos máis bailaríns destas festas. Cantaron todos xuntos unha panxoliña en inglés e despois cada grupo cantou unha canción de temática relacionada coa súa vestimenta.

A continuación, Papá Noel lembrouse do Quiñones de León e apareceu para darnos a todos unha grata sorpresa. Repartiu entre os máis pequenos un chisco de felicidade e el recibiu grandes apertas cheas de ilusión.

Xa só lles quedan unhas horas aos nosos leonciños para que comece o seu merecido descanso.

Comments are closed