Graduámonos!!

A pasada semana celebráronse no cole as graduacións de Educación Infantil e Educación Primaria. Había moitos moitos nervios, tanto entre os nenos coma entre os profes, pero ao final todo saíu xenial.

Durante a graduación de Infantil, e despois de poñer as togas, os nenos e nenas de cinco anos recitáronnos un poema sobre todo o que aprenderon durante estes tres anos, e sobre a emoción que teñen por pasar a Primaria.

Despois, as nosas profes Aldi e María dirixiron unhas bonitas e emotivas palabras sobre os nenos e sobre a súa experiencia con eles.

Despois, foi a entrega dos diplomas e dun pequeno e dulce agasallo. Aquí tedes algunhas fotos deses momentos.

E, xa para rematar, os nenos e nenas de cinco anos posaron cos seus profes: Laura, Ana, Jose, Aldi, María e Sofía.

MOITAS FELICIDADES AOS GRADUADOS E GRADUADAS!!!

Ao día seguinte celebramos a graduación dos alumnos e alumnas de 6.º de Educación Primaria. Aínda que todos estaban moi nerviosos, resultou ser unha xornada moi emotiva, na que tanto pais como profes acabamos soltando algunha que outra lagrimiña.

Despois de poñerse guapos, as nenas e nenos de 6.º de Primaria gozaron dunha pequena sorpresa preparada polos profes. Gravamos un vídeo no que reflexionabamos un pouco sobre estes seis marabillosos anos xunto a eles. Destacamos o bo facer do grupo en xeral, o orgullo por parte dos profes, o compañeirismo que amosaron… Como din eles: “somos unha piña”.

Para continuar, Lucía G. Prieto e Xoel Romero deron un divertido discurso en nome de toda a clase,  no que agradecían aos profes e aos pais o esforzo de todos estes anos.

Tamén entregaron un agasallo aos profes, co que demostraron o agradecidos que son. Grazas, rapaces!

Xa para rematar, a entrega dos diplomas foi un gran momento, tivemos a oportunidade de ver como cambiaron todos os alumnos e alumnas co paso destes anos en Primaria. Aquí tedes algunhas instantáneas dese intre.

E, para rematar, os xa graduados, despedíronse de Primaria ao grande.

Esperamos vervos polos corredores de Primaria e que nunca nunca vos esquezades de nós.

MOITAS FELICIDADES, RAPACES!!

Comments are closed