Imaxinación ao poder

Xa están a piques de rematar a etapa de infantil, e a súa aprendizaxe da lectura vai mais alá coa imaxinación.

Os nenos da clase de cinco anos estiveron construíndo, durante este último mes, o Libro do abecedario. Repartíronse todas as letras entre os nenos da clase. Cada un deles tivo que escribir, recortar, debuxar ou mesmo pegar obxectos que comezasen pola letra que lles tocou.

Houbo moita imaxinacion por parte dos nenos e das súas familias, e como resultado xurdiu este interesante e orixinal libro.

Cada venres, o encargado lévao para a súa casa e goza dos traballos dos compañeiros coa familia.

Bo traballo, rapaces!

 

 

Comments are closed