IV Edición do Gran Concurso «Cíes. O paraíso de todos»

Un ano máis, temos que felicitar o noso alumnado por participar no concurso «Cíes. O paraíso de todos».

Grupo de alumnos nas inmediacións do Auditorio do Mar.

O noso alumno, Gabriel Vázquez Rivela, recibiu o primeiro premio de poesía, no grupo de 3.º e 4.º de primaria. Aquí podedes gozar coa lectura dos seus versos:

Unha, dúas, tres

son as illas que ves

na boca da Ría de Vigo

escoita ben o que digo.

 

O gran paraíso noso

moi verde e fermoso

co seu faro na punta

ca súa luz alumbra.

 

Co seu mar azul

tan bonito e cristalino

fogar de peixes, cangrexos

e tamén de golfiños.

 

Cando a noite pecha os ollos

as estrelas alumean

guiando os navegantes

que chegan ata a area.

O alumno Gabriel Vázquez recollendo o seu premio.

E, como dobre orgullo, tamén temos que felicitar a Inés Capeáns Fonte, que recibiu o terceiro premio de poesía no grupo de 5.º e 6.º de primaria. Tamén podedes ler o seu poema:

Á xente que ensucia

quérolle dicir

que ás nosas bonitas illas

non debemos deixalas ir.

 

As nosas illas debemos protexer,

se nós queremos

que Patrimonio da Humanidade sexan,

ensuciar as illas non debemos facer.

 

Se as queres visitar

o lixo á casa debes levar e

os animais non debes molestar.

 

Unha gran variedade de aves,

peixes tamén podes atopar

nas nosa Illas Cíes

que a xente adoita visitar.

Inés Capeáns, recollendo o seu premio.

Desexamos que o noso alumnado siga gozando coa lectura e coa escritura. Parabéns a todos por participar!

Comments are closed