Maquetas do sistema solar e das paisaxes

Os  nenos e nenas de 3.º de primaria realizaron, por primeira vez na súa carreira estudantil, unhas maquetas de dous temas que están a traballar: un deles é o da paisaxe de interior e de costa e o outro é do sistema solar.

Estas maquetas están colocadas nunha exposición nos corredores do colexio. Os propios alumnos encargáronse de preparar esta exposición coa axuda das mestras. Fixérono con moita ilusión.

Como se pode comprobar, o enxeño dos nenos e das súas familias, que seica lles botaron unha man, é impresionante.

Por último, deixámosvos aquí un vídeo sobre o funcionamento dunha das maquetas do sistema solar con motor. Unha marabilla!

 

Noraboa rapaces polo voso traballo!

Comments are closed