O pasado venres 16 de novembro, todo o alumnado do Quiñones de León celebrou a tradicional festa do Magosto no monte do Vixiador. Xunto a unha paisaxe de outono e un cheiro a castañas e chourizos, os nenos pasaron a mañá xogando, pintando a cara e divertíndose cos seus compañeiros e profesores.
Este ano, como novidade, tamén contamos cunha máquina de asar castañas!!
Os alumnos dos cursos superiores de Primaria tamén o pasaron moi ben resolvendo un xogo de pistas polo monte, no que houbo premio para os gañadores.
O Magosto completouse cunha sesión de xogos populares, como a corda, carreiras de relevos, saltar a corda…
E o alumnado da ESO aproveitou a xornada para xogar ao fútbol e ao brilé.
E os profesores e as profesoras tamén souberon gozar desta xornada de convivencia.
En resumo, pasamos unha mañá xenial!!