Matemáticas manipulativas en Educación Infantil

Tradicionalmente, as matemáticas están entre as materias menos populares, ou as consideradas máis complexas polo alumnado, polo tanto, é importante que o primeiro contacto cos seus contidos na etapa de educación infantil sexa especialmente motivador.

No cole optamos por empregar unha aproximación manipulativa aos conceptos matemáticos, e o noso alumnado non pode estar máis encantado. Velaquí tedes unha mostra:

  1. Secuencia numérica.

Aprender a orde dos números é un proceso secuencial que facilitamos con diferentes metodoloxías, especialmente aquelas que permiten o movemento corporal, imprescindible para a aprendizaxe nesta etapa.

Aprendemos a secuencia numérica.

Xogamos a saltar os números do 1 ao 10.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  1. Correspondencia de número e cantidade.

O noso alumnado está entusiasmado co material manipulativo cheo de cor e diversión que temos no noso “recuncho dos números”, dirixido a ir interiorizando que cada número ten asociada a súa correspondente cantidade. Esta primeira pedra na construción dos coñecementos matemáticos será esencial para todo o que nos queda por aprender despois. E que mellor xeito de traballar que pasándoo ben?

 

 

 

 

 

Investigando as cantidades coas regletas

Traballamos co ábaco

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Non deixamos atrás ningunha oportunidade!, mesmo o momento da merenda é unha ocasión propicia para a aprendizaxe da lectoescritura e as matemáticas. Cada día facemos o reconto do que trouxemos para merendar, e aproveitamos para contar e ver de que hai máis. Gústalles tanto facelo,  que pobre da profe como se esqueza de anotar as merendas! Máis adiante mesmo faremos estatísticas de cada mes, xa vos manteremos informados.

 

Reconto das merendas. Hai máis plátanos ou máis bocadillos?

 

  1. Series.

Outros dos materiais das nosas matemáticas manipulativas que máis lle gusta ao noso alumnado é o destinado á lóxica matemática e ás series. Empregamos dende material sensorial ata pinzas de tender a roupa con gomets, o caso é aprender gozando.

 

Series sensoriais

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  1. Clasificación e conxuntos.

Podemos aprender dende ben pequenos a agrupar elementos segundo as súas características, buscando unha propiedade que se repita.

Na clase, un dos materiais máis demandados para facer conxuntos e clasificar son os nosos medios de transporte de cores. Mirade que ben o pasan mentres traballan!

Alumnado da clase de 4 anos clasificando segundo a forma

Clasificamos en función da cor

 

 

 

 

 

 

 

  1. Formas xeométricas e tamaños.

Aprendemos as formas xeométricas e os conceptos de tamaño, entre outros modos, mentres debuxamos co tangram animais ou cousas fantásticas que se nos van ocorrendo. Imaxinación ao poder!

Debuxamos co tangram…

…e que ben nos sae!

 

 

 

 

 

 

 

  1. Unidades de medida.

Para comezar a tomar contacto coas unidades de medida, aproveitamos o proxecto que estamos a desenvolver coa nosa mascota da clase, para preguntarnos: que podemos medir?, con que o medimos?

Empezamos a medir o noso corpo que está a crecer.  Medímolo con palmos, con pés, con palliñas de beber… e xa nos estamos a aproximar a descubrir que, para saber canto medimos, precisamos de unidades estandarizadas de medida, porque as nosas mans e pés son diferentes, e cadaquén mide unha cousa segundo quen o mida! Aquí tedes unha mostra.

Medímonos empregando as mans, pasiños cos pés…

 

 

 

 

 

 

 

Medímonos con palliñas

Comparamos os resultados das nosas pesquisas

 

 

 

 

 

 

 

  1. Simetrías.

Que mellor xeito de descubrir os eixes de simetría dos obxectos  que experimentando e xogando con espellos? Non son quen de describir con palabras as súas caras de asombro e ledicia ao descubrir que o espello duplica os obxectos. Felicidade en estado puro, e aprendizaxe por descubrimento ao mesmo tempo, que máis se pode pedir?

Alumnado de 4 anos traballando simetrías con espellos

 

 

 

 

 

 

 

Así imos descubrindo o eixe de simetría

 

Con este comezo tan divertido coas matemáticas, quen lle vai ter medo?

 

Comments are closed