Minichefs Quiñones: preparando un menú saudable

No marco do proxecto de alimentación que estamos a desenvolver na clase de catro anos, pasamos da teoría á práctica, e puxémonos a cociñar! Coa axuda do noso receitario, eliximos unhas receitas ben saudables e sinxelas de elaborar, para traballar cociñando en equipo.

De primeiro prato escollemos unha rica e saborosa “Ensalada de flores”, feita con produtos da horta variados: tomates, espárragos, millo e espinacas.

Despois de lavar ben as mans e todas as verduras, comezamos a falar dos ingredientes da receita e do proceso de elaboración, que fomos seguindo paso a paso como podedes comprobar nas seguintes imaxes.

Tomade boa nota porque a receita paga a pena!

  1. Lavar ben as verduras e hortalizas

2. Cortar os tomates en cuarteiróns, e ir colocandoos como se fosen os pétalos dunha flor.

 

3. Colocar no medio dos cuarteiróns de tomate uns grans de millo.

4. Colocar un espárrago a modo de talo da flor, e unhas espinacas limpas facendo as veces de follas.

5. Aliñar ao gusto, e a gozar desta saudable e divertida ensalada que poden cociñar os máis pequenos sen dificultade algunha.

 

Todos quedamos encantados coa experiencia de cociñar, e co resultado obtido.

De todo o que aprendemos, unha das cousas máis importantes foi comprobar que unha alimentación saudable non ten por que ser aburrida.

Volveremos a cociñar seguro, estade atentos!

Comments are closed