Navegar con rumbo

O Departamento de Orientación do Quiñones de León achegou o alumnado de 1.º e 2.º da ESO o plan Navega con rumbo polo ciberespazo. Esta é unha iniciativa que parte do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia.

Trátase dun proxecto destinado a dar a coñecer ao alumnado os riscos que implica navegar por Internet.

Dun xeito ameno, o relator, Ignacio Colino, amosou ao alumnado cuestións relacionadas coa seguridade en Internet. Fíxolles ver os perigos que hai na rede e os coidados en cuestión de privacidade que todos debemos manter, tanto os máis novos, como os maiores.

Así mesmo, sinalou as posibilidades que ofrece Internet como fonte de coñecemento e o necesario que é que saibamos discernir a información correcta da falsa. Familias e equipos docentes debemos apoiar os alumnos e as alumnas para que logren dar un bo uso a este medio, que chegou para convivir con nós.

Coas recomendacións deste magnífico relator, esperamos que o noso alumnado navegue con rumbo a partir de agora.

Comments are closed