NON, 25N

O pasado domingo 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.

Dende o cole, quixemos concienciar os nosos rapaces do importante que é respectar as persoas, tratalas ben e querelas moito.

Os nenos de infantil comezaron cunha pequena asemblea para explicarlles que ese día se celebrou o querer e respectar a todo o mundo e moi especialmente as mulleres.

Rematamos a actividade facendo un gran lazo violeta coas mans de todos os leonciños.

Traballouse tamén o tema dende outras áreas. Así, na área de lingua inglesa, buscamos adxectivos para expresar como queremos que nos queiran e como queremos que NON nos queiran.

PORQUE  SEGUIMOS CRENDO QUE PEQUENOS XESTOS PODEN AXUDAR A CAMBIAR O MUNDO.

Comments are closed