Nova edición do Scratch Day

Estimadas familias:

Co obxectivo de difundir os valores da programación informática entre os nenos, os seus pais e persoas interesadas na formación, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), en colaboración coa AMTEGA, organizará o vindeiro día 26 de outubro o evento “Scratch Day 2019”  no hotel Los Abetos de Compostela, no que os participantes poderán acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación.

Diríxese fundamentalmente a rapaces e rapazas de entre 7 e 15 anos, que xa traballasen con Scratch, e que, acompañados dun adulto, poderán compartir unha xornada aprendendo e gozando da programación a través de Scratch.

A implicación e a concienciación dos pais neste ámbito servirá de apoio para que os rapaces se sintan atraídos cara á programación informática.

Axenda:

  • 9:00 Rexistro.
  • 9:15 Presentación e inicio.
  • 11:30 Parada para coller forzas.
  • 14:00 Entrega de diplomas e peche.

Hai algún requisito para asistir ao acto?

Para o taller de rapaces, estes deberán ter entre 7 e 15 anos e virán acompañados dun adulto.

Precísanse coñecementos previos de programación ou Scratch?

É preciso que os asistentes estean familiarizados coa contorna de Scratch.

É preciso traer algo?

Si, debes traer o teu portátil (non serven tablets ou smartphones), preferiblemente cos seguintes programas instalados:

Onde podo poñerme en contacto coa organización no caso de ter algunha pregunta?

Por correo (eventos@cpetig.gal) ou no teléfono 981 969 354.

Comments are closed