O grupo de 2.º da ESO segue regueifando

O alumnado de 2.º da ESO participou hoxe na 2.ª sesión de regueifas, da man do regueifeiro Kike Estévez.

A xornada deu comezo lembrando a melodía e pensando versos de presentación, para asentar o ritmo. Ao principio custou un chisco, pero en nada xa foi máis sinxelo improvisar versos de oito sílabas. Tras estas presentacións, continuou coas preferencias televisivas e cinematográficas do alumnado, sempre en verso.

E a seguir, xa estaban preparados para dar o paso ao escenario. Seguindo as indicacións de Kike, estes improvisadores e improvisadoras foron saíndo a cantar as coplas.

Sabemos que hai futuro coas nosas rapazas e os nosos rapaces! Medre a regueifa!

Comments are closed