O xadrez na escola

Esta semana tivemos a visita de Anxo Pazos, un monitor do Club de Xadrez Galego, único centro internacional de xadrez de Galicia.

No colexio somos conscientes dos beneficios da práctica desta actividade (favorece a concentración, a atención, a capacidade de abstracción e o razoamento), por iso decidimos presentar o xadrez ao noso alumnado de primaria e secundaria.

E así transcorreu a sesión, entre explicacións, vídeos demostrativos e ata un par de partidas no mundo dixital:

Agora só esperamos ter sementado o interese nesta práctica e que os nosos alumnos e alumnas estean dispostos a formar un pequeno grupo de xadrecistas.

Comments are closed