OBRADOIRO CO GRUPO VEGALSA

O pasado 6 de marzo os nenos de 4.°de primaria fixeron unha actividade na que traballaron hábitos saudables de alimentación. Visitounos unha colaboradora de Vegalsa, que lles amosou como elaborar receitas con diferentes froitas.

Vegalsa-Eroski é unha empresa galega que se dedica á comercialización de produtos alimentarios.

Ensinoulles como facer palmeiras de area con froitas. Para iso, proporcionoulles un gorro e un mandil de cor vermella a cada un dos nosos alumnos. Estaban requeteguapos!!

Os ingredientes foron as froitas: kiwi, plátano, mandarina e uva. O resultado final foi a merenda dese día.

      

Ao rematar, regaláronlles unha mochila que traía un libro da marca Clesa e dous globos, ademais dunha receita dunha torta de froita  e consellos de alimentación saudable.

Gustounos moito e foi moi divertido. Por un día, convertémonos en auténticos chefs.

Comments are closed