Obradoiro de improvisación oral

O pasado 25 de novembro, o grupo de 6º da Primaria, recibiu a visita de Luís O’ Caruncho e Pinto d’ Herbón, dous regueifeiros ben coñecidos no noso centro. Realizaron un obradoiro para introducir aos rapaces a arte  da improvisación oral.

Comezaron  explicándolles a procedencia do termo regueifa e como este evolucionou a través do tempo até chegar a entendelo como o entendemos hoxe. O seu primeiro significado era pan de voda  e derivou nas estrofas que coñecemos agora.

Déronlles varios recursos para poder compoñelas, e amosáronlles  que non é algo que só se faga aquí, si non que en diferentes países compóñense regueifas aínda que cada un deles teña un nome distinto.

Despois dunha divertida mostra dos cantos de desafío entre regueifeiros, pasaron a ser protagonistas os alumnos, os cales, con axuda de Luís e Pinto, compuxeron  as súas propias estrofas.

E sobran as palabras. Mirade aos nosos futuros regueifeiros e as súas composicións. Temos canteira!

https://drive.google.com/file/d/1NvODsBGmy6wUZYbwEBPrKIYMmHi0lOr4/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1w7DqGI17tUkgDZfj9i5PrlSDbHBBGBsI/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1guT_IVpMCpKhea8bmWU4-mH8Oi72i9Is/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1ouo4Us0JSJpcggtX400H0VKnFgH8jgyK/view?usp=sharing

 

 

 

 

 

Comments are closed