Obradoiro de luces e sombras

Os nenos de 1.º e 2.º de educación primaria estamos a aprender moitas cousas sobre o corpo en Natural Science. Entre elas, estamos a falar moito dos sentidos… e descubrimos que o único sentido co que podemos percibir a luz é a vista. Non podemos ulila, nin saboreala, nin escoitala… Así que decidimos facer unha actividade especial para xogar con ela.

Aproveitando a temática do Samaín e as sombras, fixemos un obradoiro de luces e sombras. A mestra líanos unha escena e nós tiñamos que conseguir que as sombras se correspondesen coa historia que escoitabamos.

Tamén nos atrevemos a mesturar cores para decorar unha cabaza de Samaín con diferentes expresións…

Seguro que esta non vai ser a única vez que xoguemos coa luz, así que moi atentos ás novidades que iremos publicando.

Comments are closed