Obradoiros en primaria

O primeiro trimestre rematou con bastantes actividades para o noso alumnado e nin tempo nos deu a compartir con vós algunhas imaxes dun obradoiro no que participou 4.º de primaria.

Este grupo tivo a oportunidade de traballar no obradoiro: “Elaboración de sales de baño”. Coñeceron plantas como o romeu, a lavanda, o cravo ou o limón, e fixeron cadanseu saquiño de sales aromáticos que puideron levar para as súas casas. Ademais de elaborar estes pequenos sacos, o obradoiro tivo como finalidade darlles a coñecer léxico novo en galego.

Os rapaces e as rapazas pasárono moi ben con esta actividade e seguro que algún deles aproveitou o aprendido e ensinou a algún familiar a preparar un destes saquiños.

Comments are closed