Vigo en inglés 2023

Algunhas das nosas alumnas de 4.º da eso están a participar no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa, impulsado polo Concello de Vigo. Durante a súa estadía, ademais de saídas e excursións, teñen a oportunidade de asistir a un centro escolar. É unha oportunidade óptima para mellorar o seu dominio da lingua inglesa e afondar nunha nova cultura.

Alerta escolar

Informámosvos de que seguimos co programa de Alerta escolar para alumnado que teña algún problema de saúde do que o colexio deba estar avisado. Só tedes que seguir as instrucións que aparecen no menú da esquerda (Servizos) ou clicar AQUÍ.