Saída do alumnado de secundaria

O curso xa está chegando á súa fin e o alumnado de secundaria saíu pasar unha xornada de convivencia ata o parque de aventuras Marikiná Park. Nun espazo natural incrible, atravesaron pontes colgantes, lanzáronse en tirolinas, saltaron con lianas… e fixeron medrar os seus vínculos de amizade. Despois desta intensa mañá, fomos ao parque forestal de Beade onde xa puideron descansar.  

Campamento de verán

Desde o 26 de xuño ao 28 de xullo, o Club Deportivo Seung Sport de taekwondo organiza nas instalacións do noso colexio un divertido campamento de verán. Os máis pequenos poderán gozar de numerosas actividades e facer novas amizades. O alumnado do colexio beneficiarase do prezo reducido, coma se fose socio do club de taekwondo. Se precisades máis información, non dubidedes en contactar no teléfono ou enderezo electrónico indicados no cartel.

Información

Informámoslles de que Brais Sport (Sanjurjo Badía 108 baixo, tel: 986261848), a tenda de material deportivo que subministra o chándal do colexio, pecha. Segundo nos informan, hai unha liquidación do 30% de desconto, incluído o chándal do centro.