Charla de saúde sexual para 3º ESO

O alumnado de 3º de ESO asistiu a unha longa charla sobre saúde sexual,  unha boa forma de aprender sobre temas dos que algúns rapaces/zas teñen reparos en falar cos seus pais. Os amigos/as e as redes son as fontes máis habituais de (des)información e fan que perduren moitos mitos e tabús. Mellor as profesionais, como estas rapazas da Cruz Vermella que saben do que falan e falan do que saben e ás que agradecemos a súa colaboración.

Educación Física na Vía Verde (3º, 4º e 5º E.P.)

O pasado día 18, o noso alumnado de 3º, 4º e 5º de E.P. puido gozar dunha xornada de exercicio na Vía Verde. Esta actividade organizada polo Concello de Vigo, pretendía dar a coñecer a Vía Verde inaugurada o pasado xaneiro na nosa cidade como un espazo no que gozar ao aire libre do exercicio físico. Para iso, organizaron unha serie de xincanas para que os nosos pequenos deportistas pasáseno en grande. E a verdade, que así foi. Deixámosvos aquí—

Ler máis

Pegada dixital en 4º ESO

O alumnado de 4º ESO participou no programa da Xunta de Galicia: Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais, onde se lles explicou que é iso da pegada dixital e como facer bo uso da rede. Xa que o uso das TIC é inevitable e necesario, non está de máis que coñezamos que toda acción en Internet deixa unha pegada permanente e actuemos en consecuencia. Antes de publicar algo, pensa cinco minutos se é tan importante. E logo,—

Ler máis

Recibimos con ilusión a Malibú.

O pasado 21 de marzo, recibimos no cole unha visita moi especial. Nin máis nin menos que a Malibú, unha cadeliña que foi adoptada e agora vive feliz nunha granxa e goza enormemente de ser profe e visitar os coles de Galicia para loitar contra o abandono e fomentar a adopción, xa que España é un dos países nos que máis abandonos se producen cada ano. Ademais disto, estivemos a falar sobre os coidados necesarios para poder ter unha mascota—

Ler máis